martes, 11 de octubre de 2016

 Novo curso, novas lecturas

Comezamos novo curso escolar e con el, novos proxectos,logros e lecturas.Aquí, vos deixo as portadas dos libros que nestes días comecei a ler e que polo de pronto me gustan bastante.
Entre estes tres libros encóntrase o que estou lendo cos meus compañeiros do club de lectura do C.P.I. Progreso Catoira,o que vou ler para a materia de galego e de castelán, respectivamente.
Cando  termine darei algunhas informacións sobre o autor, a obra e sobre todo ,coma todo este pasado ano a miña opinión.
Ata a próxima entrada!

Resultado de imagen de a granxa dos animais
Club de lectura
Resultado de imagen de el bosque animado
Castelán
 Resultado de imagen de noite de voraces sombras
Galego

domingo, 15 de mayo de 2016



Título: O pintor do sombreiro de malvas.
 Xénero: Narrativo porque conta unha historia.
Autor: Marcos Calveiro, nado en Vilagarcía de Arousa o 13 de outubro de 1968, é un escritor e avogado galego.
Temas: O arte e o amor.
Estrutura:Está constituído por 36 capítulos.
Personaxes:
 O mozo protagonista: É un adolescente enviado pola súa nai a Auvers.
Adeline: É a rapaza da que se namora o protagonista.Ademais é a filla do dono da pousada.
Vicent:É o  pintor que  chega ao pobo.
Jojo: tía do protagonista.
Gachet: É o doutor do pobo.
Jules: É un mozo que se leva mal co rapaz protagonista.

Lugar onde transcorre a acción: A acción desenvólvese en Auvers.
Tempo:
          Época: No 1890.
          - Duración: Tres meses aproximadamente.
Técnicas narrativas: Está escrito en 1º persoa e conta con moitas descricións xerais.

Vocabulario: É vocabulario coloquial, aínda que usa ténicismos do campo referente á arte.
Resumo:
Esta historia trata sobre un rapaz que vive  en París coa súa nai,que decide mandalo a Auvers coa súa tía Jojo por unha tempada.
O rapaz  non sabía que ía facer naquela aldea, xa que a maioría eran persoas maiores e non tiña con quen divertirse.
Cando chega á aldea atópase con Jules, un mozo da súa idade,pero sen coñecelo, Jules pegalle ao mozo.
O primeiro mes, costoulle, xa que estaba aburrido todo o tempo.
Por outro lado, o protagonista  gústalle Adeline e grazas a Vicent, un novo veciño que era pintor puideron coñecerse máis.
O protagonista  sentía curiosidade  por ver como traballaba o pintor, despois dun tempo converteuse no seu axudante.
Todos os días pasaba o mesmo pola mañan ía a xunto o pintor  e pola tarde ían ao campo a pintar.
Por outra banda Adeline e o rapaz comezan a quedar sen que ninguén o saiba.
Pasan uns días  sen que ninguén vexa  ao pintor, e cando volve á pousada, pegase un tiro.
O estado do pintor empeora, e chaman ao doutor Gachet.
Pero ao cabo de tres ou catro días o pintor morre e o mozo volve a París xunto a súa nai.

Opinión persoal: Gústome este libro, xa que ten unha trama envolvente  e é fácil de comprender.
   Aprendín moitas palabras sobre o mundo da arte,grazas a Vicent, un dos protagonistas.
Tamén me gustou a forma de escribir do autor xa que daba a coñecer todos os seus sentimentos.                                               







domingo, 1 de mayo de 2016


Título: Libro das alquimias 
Autor: Xesús Constela, é un escritor galego que naceu en Ferrol no ano 1963. Estudou filología inglesa e agora traballa como profesor nun Instituto de Poio.
Escribiu obras coma, As humanas proporcións, Shakespeare destilado, 15.724 e Apoteose das perchas.
Na miña opinión é unha persoa moi amable e toma a vida con humor, na presentación do libro contounos moitas anécdota que lle aconteceron ao escribir o libro e deixounos un avance do seu novo libro "A rotura das paisaxe",que estou desexando ler.
Xénero: Narrativa, e combina a realidade coa ficción.
Temas:
- Principal: A importancia e a historia das bibliotecas 
- Secundario:A relación dun rapaz cu home maior e descoñecido
Estrutura:
      -Externa: Está dividido en capítulos curtos, o libro contén 188 páxinas.
      -Interna: Hai unha introducción na que o neno conta a súa situación, un nó no que aparece un novo personaxe, o vello misterioso, e un desenlace no que os dous personaxes perden o contacto por un suceso que marcará a vida do neno.
Personaxes:
- Un neno, é un rapaz moi curioso que lle vai cambiar a vida cando coñece ao señor maior que se mudou ao baixo do seu piso.
- Un vello, era un hme solitario, que só chegou ao piso cun carro da compra cun estampado de cuadros escoceses
Unha curiosidade sobre os personaxes é que o autor escribiu o libro con  nomes para os personaxes pero despois decidiu borralos para que ninguén puidese ter unha idea equivocada dos personaxes, a anécdota é que despois de pasar por correctores e pola editorial, nunha das páxinas quedou escrito o nome dun dos personaxes,Víctor.
Lugar onde transcorre a acción: Nunha vila , onde a xente case toda se coñece.
Tempo:
          - Época: Na actualidae, aínda que  recorda tempos pasados, como a queima de libros da Biblioteca Nacional de Alexandría.
          - Duración: Non ten unha duración establecida, pero empeza cando o vello se muda e acaba cando o neno se ten que mudar coa súa tía despois do tráxico accidente de seus pais.
Técnicas narrativas: 
Narrador en 1ª persoa. Unha das técnicas utilizadas polo autor é maracr as respiracións dun dos protagonistas. Estas pausas representanse con tres puntos suspensivos.
Ademais nos diálogos, fai algo moi díficil, que é non poñer guións nin explicar quen fala, pero todos os lectores o entenden.
Vocabulario: coloquial , aínda que hai fragmentos con vocabulario das enciclopedias, que pode resultar máis culto.
Resumo:
Este libro conta a historia dun neno, que un día descobre que un home maior entrou a vivir no baixo da súa vivenda. O rapaz decide investigar de quen se trata e ao entrar no piso encontra libros voando e en situación moi extrañas.
Despois, os dous comezan a falar da Biblioteca de Alexandría e de Hipatía, lévanse xenial ata que un suceso, como a morte dos pais do rapaz,  fai que el se teña que mudar á casa da súa tía e os dous perden o contacto.
Opinión persoal :
Gústoume , xa que relaciona o presente con feitos do pasado, como o de Hipatía e a Biblioteca de Alexandría. Creo que este libro é moi díficil de escribir debido a que hai citas históricas, que necesitas investigar para poder escribir e non se poden inventar.
O que máis me gustou foi manter unha conversa co autor na que nos explicou anédotas e curiosidades do libro.

domingo, 24 de abril de 2016

Título: O achado do castro 
Autor: Manuel Núñez Singala é un escritor galego. Traballa  e dirixe desde 1988 o   o Servizo de Normalización Lingüística.
As obras destacadas deste autor son por exemplo ,O achado do castro, Comedia bífida e Planificación estratéxica.                                                       
Xénero: Teatral.
Temas:
   - Principal: O amor entre dúas personaxes.
   - Secundario: A intención de roubar o medallón do Emperador.
Estrutura:
 Está dividido en dous actos. No primeiro hai dúas escenas e no segundo,hai unha escena.
Personaxes:
- Catulo e Caleno: Son dous vagabundos que intentan roubar o medallón do Emperador.
-Os dous soldados: Un deles é unha muller, e o outro un home que protexen o palacio.
-Carmiñae e Manolitus:Son dous namorados, inspirados en Romeo e Xulieta a os que seus pais non os apoian na súa relación.
-Emperador: É o xefe do imperio e pai de Carmiñae
- Arpeixa: É unha muller moi rica, propietaria da metade do Imperio. É a nai de Manolitus.
-Citrón: É o sabio do Imperio e sempre está para adular ao Emperador.
-Escravo: Está sempre ao servizo do Emperador e non ten vida máis alá.

Lugar onde transcorre a acción: A historia desenvólvese na Antigua Gallaecia.                 
Tempo:
          - Época: A obra  que se representa foi e escrita polo ano 70 a.C.
Técnicas narrativas: O narrador está en 1ºpersoa.
Vocabulario: O vocabulario  desta obra de teatro é coloquial.
Resumo:  Trata sobre dous namorados , Manolitus e Carmiñae, que a súa relación non é consentida polo pai dela, o Emperador  e a nai del, Dona Arpeixa.
Por outra banda, dous  vagabundos,Catulo e Caleno, intentan sen moito éxito,colarse no palacio e roubar  o medallón do Emperador.                
Opinión persoal : Gústoume moito, é a mellor obra de teatro en galego que lin, xa que me gustou o toque humorístico.                                                            
                                                 

domingo, 3 de abril de 2016



Título: Made in Galiza
Autor: Séchu Sende é un escritor galego nado en Padrón.
Escribiu Made in Galiza en 2007  e foi traducido ao kurdo como Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim (Nin en soños vou perder a miña lingua), na editorial Avesta. Tamén está traducido ao turco, pola mesma editorial. E ao euskera, pola editora Txalaparta.


Xénero: Narrativo, xa que conta historia sobre a lingua galega.
Temas: o desuso ou discriminación da lingua galega
Estrutura:
-         Externa: Está composto por 42 pequenas historias con un tema en común, o galego.
-         Interna: Son breves historias cunha introdución , un nó e un desenlace.
Personaxes:En cada historia hai diferentes personaxes como por exemplo, unha rapaza de 5 anos ou a letra ñ.
Lugar onde transcorre a acción: Todos os relatos están ambientados en Galicia, aínda que tamén noutros lugares como Madrid.
Tempo:
-         Época: Na actualidade
-         Duración: Son historias que non teñen un tempo en común.
Técnicas narrativas: Narrador en 1ª ou 3ª persoa dependendo do relato.
Vocabulario: Nos relatos emprégase vocabulario da rúa, é dicir, coloquial.
Resumo: Este libro consta de 42 relatos curtos no que o fío que os une é o uso ou desuso da lingua galega.
Por exemplo a historia de “Nin en soños vou perder a miña lingua” na que un neno ten medo a perder a súa lingua (parte do corpo), porque non se decata de que a que se vai perder é a lingua galega.
Opinión persoal:
Gustoume moito o libro xa que ten un toque humorístico,como por exemplo, o prospecto  sobre a lingua galega.
Tamén conta historias reais que che fan reflexionar sobre a nosa lingua como por exemplo a reflexión de que “Eu nunca serei yo”.

domingo, 6 de marzo de 2016

Título: Quen matou a Inmaculada de Silva?
Páxinas: 185
Autora: Marina Mayoral. É unha escritora galega ademais de catedrática xubilada.
Unha curiosidade da súa maioría de libros é que se situa a acción no mesmo lugar, Brétema un lugar imaxinario situado en Galicia.
Xénero: Narrativo, conta unha historia na que se investiga a morte de Inmaculada.
Temas:
   - Principal: A investigación da morte de Inmaculada e de Antón do Cañote.
   -Secundario: O amor entre Juancho e Etelvina.
Estrutura:
 Está constituído por quince capítulos curtos. Nos que investigan dúas mortes.

Personaxes:
- Etelvina: É a protagonista principal. De maior que ser escritora e comeza por investigar a morte de Inmaculada de Silva , unha parente súa.
-Juancho: É un mozo do que Etel se manora e un dos que lle axuda a investigar.
- Alberte: É o tío de Etelvina, cuando Etel quedou orfa, el acolleuna na súa casa de Madrid.
- Xeorxina: Era unha tía avoa que dou a súa percepción dos feitos.
- Ana Luz: Era unha tía avoa, Etel no verán pasa moito tempo con ela. Ela tamén contou da súa maneira o feitos da morte de Inmaculada.
-Eusebia: Era a cociñeira, é unha das personaxe que da a súa versión sobre os feitos.
-Antón do Cañote: Era o mozo de Inmaculada , morreu xunto a ela. Ao principio era o principal sospeitoso.
-Inmaculada: Era una parente de Etelvina que morreu por causas descoñecidas. Moitos testigos din que Etel se parece a ela.
-Catara: É curmá de Etel e axúdalle na investigación.
Lugar onde acontece a acción: A historia transcurre en Brétema, unha aldea pequena.
Tempo: O verán de 1974.
-Época: En 1974.
- Duración: Dura tres ou catro meses.
Técnicas narrativas: Utilízanse moitas despricións , que axudan a situarse na aldea e noutros momentos.
Narrador: O narrado é en primeira persona, xa que quen fala é Etelvina.
Vocabulario: O vocabulario é coloquial.
Resumo:
Trata sobre Etel unha moza orfa que veu pasar o verán a Brétema. De maior quería ser escritora asique decidiu comezar por investigar a Inmaculada de Silva e Antón do Cañote. Así foi como sucedeu todo, coa axuda de Catara e Juancho interrogaron a todos as persoas que puideran decir o que ocorreu. Todo o mundo daba versións diferentes segundo a quen apoiaba. E así foi como Etel comezou a súa vida como escritora.
Comentario:
Este libro gústoume moito, á hora de elexido, costoume un pouco, xa que pola portada e o título non me convencía. Pero por propia experiencia a apariencia nos libros engana.
No referente á lectura é entretida, xa que a protagonista principal é coma unha especie de dective que coa axuda dun amigo busca fontes para esclarecer o que ocorreu con Inmaculada de Silva e Antón do Cañote.
Un punto a favor deste libro é a distribución dos capítulos, xa que en cada un esta moi ben dividida a acción.



domingo, 28 de febrero de 2016

Bos días , estes meses estiven lendo varios libros que agora comenzarei a subir.
Dous deles, linos no Club de Lectura  o resto pola miña conta.