martes, 15 de diciembre de 2015

REO


Título: Reo
Páxinas: 141
Autor :  Xesús Antón Fraga Sánchez, nado en Londres o 28 de febreiro de 1971 , é un escritor galego.Narrador: narrativo, porque conta unha historia Licenciado en xornalismo  pola Universidade de Salamanca  actualmente traballa como redactor na sección de Galicia do xornal La voz de Galicia.

Outros libros escritos son: Tute para catro, Solimán...
Temas:  - central: a vida dun adolescente e os seus problemas 
              -  secundario: os graffitis.
Estrutura:   
- Externa: está dividida en trece capítulos curtos.
- Interna :
               - Introdución: vida de Reo               
               - Nó: problemas cos graffitis                 
                - Desenlace: o vida do graffiteiro cambiou.
Personaxes:
 - Reo: é una rapaz, adolescente duns 18, ese nome é o alcume xa que no libro, non aparece o seu nom edo DNI.Dedicase a facer grafittis.
- Cora: é unha rapaza duns 18 anos, Reo, namorase dela.
-Rai e Sen; son xemelgos, amigos de Reo 
-Marcos: profesor de Reo, ensinoulle e aconselleulle sobre o mundo dos graffitis. 
Lugar onde transcurre a acción: Galicia e Madrid.
Tempo
- Duración: Uns meses
- Época: Na actualidade.
Técnicas narrativas: Narrador en 1ªpersoa. Descricións e algunhas metáforas.
Vocabulario: coloquial, con vocábulos de graffiteiros. 
Argumento: Este libro trata sobre un adolescente  chamado Reo que se dedica ao graffiti. Uns amigos e el montan o  chamado A-100 Crew, nuha discoteca antiga e sen movemento, alí encóntranse e fan as súas reunións.Por otra banda os graffiteiros pelexan por seren os reis da cidade. Nunha desas loitas, contar Oni, a policia colle a Reo.A  policia despois de telo na comisaría deixao en liberdade coa condición de que deixe o mundo dos graffiteiros, para iso conta coa axuda do seu profesor.No ámbito do amor, Reo namorase de Cora, unha rapaza brasileira. Ela ten unha mala situación aqui o seu pai quere que volva a Brasil.Reo e ela deciden fuxir á capital para non teren que separarse.Pero por mala sorte, atópanos e a Reo volvenno a levar por segunda vez á comisaría.Reo ten aínda por riba unha desgraza máis , a morte dun dos seus compañeiros.
Opinión persoal: Gústoume bastante, con este libro coñecín un pouco máis sobre o mundo do graffiti, ademais fíxome reflexionar sobre o mundo dos graffiteiros e o seu pensamento. Tamén demostroume que hai que loitar polo que queres.Está moi ben , aínda que eu añadiría algo máis de trama.

domingo, 22 de noviembre de 2015

Corazón de Xúpiter



Traballo de "O corazón de Xúpiter"


Título: O corazón de Xúpiter

Páxinas:216
Autora : Ledicia Costa naceu en Vigo no ano 1979, é unha escritora galega, maioritariamente coñecida pola súa obra "Escarlatina", coa que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015. 
Outros libros escritos son: Xardín de inverno, 2012.Recinto Gris, 2014.Inmundicia e Roñoso, 2015

Xénero: Narrativo


Temas:

- Central: Os cambios na vida de Isla. ( xa que se ten que mudar de cidade,comenzar nun novo colexio...).
- Secundario: O acoso por Internet.( xa que ela pensa que está falando cun adolescente da súa idade).
Estructura:
-Externa: Está dividida en vinte capítulos.
-Interna:

         Introdución: Isla múdase e contanos cómo é ese día de mudanza
         Nó: Isla comeza a falar cunha persoa polo ordenador
         Desenlace: O final é moi desagradable para a protagonista principal.
Personaxes:
Isla: é unha rapaza duns 18 anos de idade que se ve obrigada a mudarse. É unha adolescente moi centrada, boa estudante e ten boa relación cos seus pais.


Mar: é unha rapaza da mesma idade de Isla, son mellores amigas e apoyanse en todo. o seu pai abandonouna e a súa nai pasa dela. Non é moi boa estudante xa que non lle gusta.


Anxo: é un rapaz que está namorado de Isla, na súa casa celebrá moitas festas, pero o amor de Anxo non é correspondido.



Carballo: é un xoven de 18 anos, que lle fai a vida imposible a Isla. Xa que sinte celos dela pola súa relación con Mar. Mar e el foron mozos.

Xúpiter: suposto estudante duns 20 anos que fal con Isla por Internet a cal emanorase del. Aínda que en realidade é un home  duns 40 anos.

 O Rubio, Osmar e o Largarín: eran amigos de Carballo, eran malos estudantes e axudaron ao seu amigo a acosar a Isla.

Os pais de Isla: están moi contentos coa súa filla e querena moito.

Lugar onde transcorre a acción:historia ocorre na  actualidade  nalguhna parte indeterminada de Galicia onde Isla se  mudou.

  
Tempo:
  - Época: Na actualidade, porque hai novas tecnoloxías
  -Duración: Dura 6 meses máis ou menos, ata a noite de San Xoán 

Técnicas narrativas: Está escrito en 3ª persoa, narrador omnisciente.

Ao principio do libro hai unha prolepse. Na novela hai moitos diálogos y descricións.


Vocabulario: é un vocabulario coloquial, con este libro aprendín un pouco sobre estrelas e universo ademais dos medos do Internet.


Argumento:

Trata sobre unha rapaza adolescente chamada Isla que se muda a unha cidade chamada A Rexión. 
Isla coñece por Internet a un rapaz que se chama Xúpiter. Comezan a falar sobre astronomía que é un tema que aos dous lles interesa e Isla namorase del, sen saber realmente quen é.
Por outra banda, no colexio faise amiga de Mar e de Anxo, quen se  namora dela, pero el non é corespondido.
 Tamén Carballo e os seus amigos, os malotes da clase acosana no vestiario do pavillón, e por ese acto foron expulsados varias semanas.
Con respecto a Xúpiter, Isla quere coñecelo e quedan a noite do 23 de xuño unha cafetaría abandonada.
chega ese día, Mar aconsellalle que non se faga ilusións xa que pode ser quen non se imaxina.
Isla peta na porta da cafetaría  e ábrese a porta , ela entra. De repente, un home acercase a ela e chámaa polo seu seudónimo de Internet "Casiopea". Ela asustase e comeza a gritar, o home ponlle unha venda na boca, ela non pode falar.Collea polo brazo e lévaa á terraza, alí dille que se berra a vai a matar, ela berrou e Mar escoitouna.Con Mar estaba naquel momento Carballo, e os dous foron salvar a Isla.
Pero de repente, o home que tiña problemas psicolóxicos, botouna pola varanda ao mar. Alí acabou a vida para Isla.
Mar veuna caer mentres gritaba desconsoladamente, non podía facer nada.
Semanas despois Mar contoulle todo a Anxo e os dous choraron por Isla e o seu final.



Opinión:

 Gústoume moito, xa que trata temas da actualidade,( Internet,acoso...). O libro é moi realista.
É unha novela entretida e o final é bastante dramático e inesperado.
 No libro trátanse temas como o acoso, ou o ciberacoso. Porque a protagonista creía que estaba chateando con alguén da súa idade pero en realidade non.
Gústoume a actitude de Mar, valente e decidida.
 O final foi moi triste.

E por último, pero non menos importante preséntovos a miña idea para a portada "O corazón de Xúpiter".




 

martes, 3 de noviembre de 2015

Comezamos blog!

    Queridos lectores:
          Benvidos, este é o meu blog de lectura. Esta entrada é para presentarme y que saibades os meus gustos para as lecturas e tamén os meus intereses, ademais aproveitarei este espazo web para compaxinar dúas actividades. Unha delas é facer  traballos sobre os libros que vaia lendo ao longo do curso na miña asignatura de lingua galega e por outra banda  tamén  comentarei os libros que no meu club de lectura vaiamos lendo.
         Aquí tamén vos deixo a URL  para que poidades votarlle unha ollada: http://aquilemosxuntos.blogspot.com.es/
        Agora mesmo no club estamos lendo un libro que ten moi boa pinta , titulase "Reo" de Xesús Fraga. Xa vos falarei máis detalladamente del noutro post.
         Por otra banda, estou acabando de ler " O corazón de Xúpiter, que por certo , pronto subirei ao blog o traballo.
     E con toda esta información deixovos hasta o seguinte post.